lunes, septiembre 10, 2007

Un novo curso

Xa estamos no Colexio para comenzar un novo curso, que vai ser moi especial. Temos novas na Biblioteca: un plan de mellora vai permitir disfrutar moito máis dela e ampliar fondos e recursos. Por fin a LOE vai regular o uso escolar das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). E como sempre, o encontro cos amigos e un mundo novo por descubrir: Gwang Ju, Newcastle, Kaisery, Riga, Harrisonburg, Petach Tikva, Hoover, Bhilwara... xa non van ser nomes estranos a nós porque nesas cidades imos ter máis amigos e amigas.
Traede a carteira chea de soños e ilusións porque como dixo Paulo Coelho: "A posibilidade de acadar un soño é o que fai a vida engaiolante"

No hay comentarios: