miércoles, diciembre 26, 2007

Aninovo

Fai 'clic' na imaxe

Inverno, Solsticio, Nadal... no Colexio

"O corazón en paz ve unha festa en tódalas aldeas". Proverbio indio


domingo, noviembre 04, 2007

domingo, octubre 07, 2007

Unha mañá co OAR















Os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º cursos acudiron ao Pavillón para coñecer ás estrelas do Balonmán coruñés. O equipo fixo unhas xogadas ante a emocionada afección. ¡Boa sorte campións!

lunes, septiembre 10, 2007

Un novo curso

Xa estamos no Colexio para comenzar un novo curso, que vai ser moi especial. Temos novas na Biblioteca: un plan de mellora vai permitir disfrutar moito máis dela e ampliar fondos e recursos. Por fin a LOE vai regular o uso escolar das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). E como sempre, o encontro cos amigos e un mundo novo por descubrir: Gwang Ju, Newcastle, Kaisery, Riga, Harrisonburg, Petach Tikva, Hoover, Bhilwara... xa non van ser nomes estranos a nós porque nesas cidades imos ter máis amigos e amigas.
Traede a carteira chea de soños e ilusións porque como dixo Paulo Coelho: "A posibilidade de acadar un soño é o que fai a vida engaiolante"

Lembrando "The Wizard of Oz"

viernes, julio 27, 2007

Verán: tempo de ler


Xa case pasou a metade do verán e seguro que moitos de vós xa estades de volta de campamentos ou viaxes. É moi posible que nestes longos días atopedes tempo para todo, aquí imos deixar unhas recomendacións do Servicio de Orientación de Lectura (SOL) e lembrade: "Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado é un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora" Proverbio hindú

http://www.sol-e.com/bancorecursos/guias/Boletin%20SOL%207%20(virtual).pdf

domingo, junio 17, 2007

Unha xoia para navegantes

Quero compartir este fantástico traballo atopado nesta rede tan chea de tesouros por descobrir.