sábado, octubre 21, 2006

Loita contra a pobreza

Dende aquí sumámonos a tódalas manifestacións que este día recordan aos gobernantes dos países ricos que están incumplindo os objectivos do milenio. Que non se pode falar de progreso mentras existan persoas que morren de fame, de enfermidades curables, que non teñen acceso á educación ou que carecen da máis elemental calidade de vida.

sábado, septiembre 30, 2006

Unha imaxe vale máis que moitas palabras

"Fai falla un pobo para educar a un neno" di un proverbio africán.
É bo que os políticos se acheguen ás persoas para coñecer de primeira mán as súas opinións. Non sabemos que é o que falaban, pero pensamos que o diálogo foi moito máis gratificante que moitos dos que terán lugar no Concello.
Todos temos a nosa parcela no amplo mundo da educación e dende os concellos pódese facer moitísimo para dar oportunidades a todo-los cidadáns.

Estreamos curso


E tamén estremos novo aspecto do Colexio. Durante o verán moitas persoas estiveron traballando arreo para que nós poidamos disfrutar agora dun Colexio renovado, máis luminoso e moito máis acolledor.
Foi o Alcalde quen o día 14 de setembro veu comprobar o resultado das obras.
Tamén aproveitou a ocasión para achegarse aos máis cativos e pasar un bo rato con eles.


viernes, mayo 05, 2006

Cousas nosas

Cousas nosas

A primavera e as Letras Galegas

"Coroados de frores
en alegre banquete;
sobre do verde cómaro da vida
o corpo recrinado brandamente,
fácil é ser magnánimos
e amistá prometerse;..."

Lembrando que está moi próximo o día das Letras Galegas, imos propoñervos un xogo, unha busca do'tesouro'... tedes que descubrir ó autor deste fragmento.
Non ides gañar unha viaxe... pero sí o noso recoñecemento na galería de honra.
¡Animádevos a participar!