jueves, diciembre 23, 2004

Cousas nosas

Cousas nosas

Benvidos e benvidas

Damos a benvida a todas aquelas persoas que se acheguen ó noso blog.

Este caderno vai servir para que o alumnado do Colexio San Francisco Xabier escriba sobre as novas do curso, contos, denuncias, peticións... e todo o que queran compartir cos demais.

Aproveitamos para felicitarvos nestes días e desexarvos moita ledicia. Que este novo período que xa comenzou o día 21, co solsticio de inverno, traia paz, amor e saúde a todos . Que sexamos mellores e máis coidadosos coa herdanza que teremos que deixar ós que veñan atrás de nós.
¡Pasádeo ben!