sábado, septiembre 30, 2006

Unha imaxe vale máis que moitas palabras

"Fai falla un pobo para educar a un neno" di un proverbio africán.
É bo que os políticos se acheguen ás persoas para coñecer de primeira mán as súas opinións. Non sabemos que é o que falaban, pero pensamos que o diálogo foi moito máis gratificante que moitos dos que terán lugar no Concello.
Todos temos a nosa parcela no amplo mundo da educación e dende os concellos pódese facer moitísimo para dar oportunidades a todo-los cidadáns.

Estreamos curso


E tamén estremos novo aspecto do Colexio. Durante o verán moitas persoas estiveron traballando arreo para que nós poidamos disfrutar agora dun Colexio renovado, máis luminoso e moito máis acolledor.
Foi o Alcalde quen o día 14 de setembro veu comprobar o resultado das obras.
Tamén aproveitou a ocasión para achegarse aos máis cativos e pasar un bo rato con eles.